(Bruxelas, 2 de abril de 2024)

A Presidenta, Ursula von der Leyen

O Vicepresidente Executivo, Valdis Dombrovskis

Comisión Europea

Señor Charles Michel, Presidente do Consello Europeo

Sra. Roberta Metsola, Presidenta do Parlamento Europeo

O Primeiro Ministro, Alexander De Croo

Presidencia do Consello da Unión Europea

Josep Borrell, Alto Representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade

Primeiros Ministros de todos os estados membros da UE,

O señor Jonas Gahr Støre, Primeiro ministro de Noruega,

Estimadas señoras/señores,

Nós, os sindicatos europeos asinantes, pedimos á UE e aos países europeos que suspendan o Acordo de Asociación con Israel, así como os tratados bilaterais, diante das graves violacións dos dereitos humanos por parte do Goberno israelí, por incumprimento do artigo 2 de dito Acordo.

O conflito en Gaza e as severas restricións adicionais impostas polo goberno israelí en Cisxordania tiveron un impacto devastador nos traballadores e traballadoras palestinos e a quen os apoia. A OIT informou en decembro de que o 66 por cento do emprego en Gaza e o 32 por cento do emprego en Cisxordania perdéronse desde o 7 de outubro.

O venres, 26 de xaneiro de 2024, a Corte Internacional de Xustiza (CIJ) considerou plausible que os actos de Israel puidesen supoñer un xenocidio contra 2,3 millóns de palestinos na Franxa de Gaza, ocupada e asediada. A CIJ tamén emitiu seis medidas provisionais, ordenando a Israel que impida actos xenocidas en Gaza.

No momento da sentenza da CIJ, varios países europeos decidiron suspender o seu financiamento á UNRWA, tras acusacións, que aínda non foron probadas, complicando aínda máis a prestación de axuda humanitaria á poboación de Gaza. Pedimos que se recupere esta axuda, para evitar máis mortes pola falta de recursos asistenciais á poboación civil.

Desde que os xuíces emitiron a súa sentenza, a situación empeorou aínda máis. Máis de 30.000 palestinos morreron, 1,7 millóns de persoas están desprazadas, o 93 por cento afronta niveis de crise de fame. A devastación é innegábel. O fallo da CIJ ten implicacións máis amplas para todos os Estados, xa que todos están obrigados, tanto a absterse de cometer xenocidio como a previlo e castígalo, alí onde ocorra. Lembrámoslles a todos os estados partes na Convención que teñen as obrigas legais de garantir a aplicación das ‘medidas provisionais’, de evitar o xenocidio e de garantir que non sexan cómplices do xenocidio.

En febreiro de 2023, Irlanda e España pediron unha “revisión urxente” do Acordo de Asociación UE-Israel, e tomar medidas se Israel incumpriu as súas obrigas de “respecto dos dereitos humanos e dos principios democráticos” que “constitúen a base mesma do acordo de asociación”.

A mutilación e o asasinato de decenas de miles de civís, a fame deliberadamente provocada na poboación e a destrución de todos os medios de vida, suxiren que Israel non estaría cumprindo estrictamente os dereitos humanos e as normas democráticas en Gaza.

A UE é o maior socio comercial de Israel, cun comercio que ascendeu a máis de 46.000 millóns de euros en 2023. O comercio réxese polo Acordo de Asociación Israel-UE, que inclúe unha cláusula de dereitos humanos como “elementos esenciais”. Isto significa que calquera das partes pode suspender unilateralmente o acordo, en resposta a graves violacións dos dereitos humanos.

Israel tamén participa en Horizon Europe, onde as institucións israelís poden solicitar financiamento no marco deste programa de investigación e innovación de 95.000 millóns de euros. O acceso a este lucrativo programa tamén debería suspenderse inmediatamente ata que Israel garanta o cumprimento das súas obrigas, en virtude do dereito internacional.

O 23 de febrero, un grupo de expertos da ONU, fixo un chamamento urxente para que cesase inmediatamente a exportación de armas a Israel. Asemade, o 12 de febreiro de 2024, o Tribunal de Apelación Holandés ordenou aos Países Baixos que paralizasen a exportación de pezas de avións de combate F-35 a Israel. O tribunal considerou que había un “claro risco” de que as pezas fosen usadas para cometer ou facilitar violacións graves do dereito internacional humanitario, xa que “hai moitos indicios de que Israel violou o dereito humanitario da guerra nun número non insignificante de casos”. ”.

Apoiamos esas declaracións e pedimos á UE e aos países europeos que impoñan un embargo militar e deteñan a transferencia de armas a través dos seus países, tal e como piden os sindicatos palestinos.

Saúdos,

Rede Sindical Europea pola Xustiza en Palestina

Co-asinado por:

ACV-CSC (Bélxica)

Pancyprian Federation of Labour PEO (Chipre)

Union Syndicale Solidaires (Franza)

Irish Congress of Trade Unions (Irlanda)

La Centrale Générale-FGTB (Bélxica)

Métallos-FGTB (Bélxica)

CNE-CSC (Bélxica)

ACV Puls (Bélxica)

CGSP-ALR Bruxelles / ACOD-LRB Brussel (Bélxica)

CGT-FNSCBA (Franza)

CGT-FDSP (Franza)

Fédération Syndicale Unitaire (Franza)

Fórsa (Irlanda)

Communication Workers Union (Irlanda)

Irish National Teachers Organisation (Irlanda)

Teachers’ Union of Ireland (Irlanda)

Mandate Trade Union (Irlanda)

UNISON (Irlanda do Norde)

NIPSA (Irlanda do Norde)

Fagforbundet (Noruega)

Industri Energi (Noruega)

CGT – Confederación General del Trabajo (España)

ELA (País Vasco)

LAB (País Vasco)

Solidaritat Obrera (Catalunya)

IAC-Intersindical alternativa de Catalunya (Catalunya)

Confederación Intersindical Galega (CIG) (Galiza)

Intersindical Valenciana (País Valenciano)

SAT-PDI-US (España)

Craigavon Trades Council (Irlanda)

Dundee Trades Union Council (Escocia)

Cork Council of Trade Unions (Irlanda)

NUJ Dundee Branch (Escocia)

Unite Retired Members Branch Dundee (Escocia/ Reino Unido)

Dublin Council of Trade Unions (Irlanda)

Federation CGT des Services Publics (Franza)

CGT FDSP (Franza)

Syndicat CGT retraités de Morsang sur Orge UCR CGT (Franza)

Comité des syndicats CGT ville de Paris (Franza)

CGT Territoriaux Strasbourg Eurométropole (Franza)

CGT Territoriaux de Saint-Nazaire (Franza)

Coordination Syndicale Départementale CGT des Services Publics de Seine Maritime (Franza)

Section retraités service public ville de Tarbes et TLP (Franza)

UFICT CGT TX IVRY (Franza)